Así son

Boas, internauta!
Chámome Adrián Concheiro, e son… pois eu son moitas cousas, o mesmo che fago unha aplicación para o móbil que che fago unha colcha de ganchillo.
Se te guías pola “titulitis” son técnico superior en xestión forestal e do medio natural, técnico superior en instalacións electrotécnicas, graduado en enxeñaría informática e mestre en profesorado de ensino secundario.
Na actualidade estou feliz no meu traballo como docente de Formación Profesional na especialidade de Sistemas e Aplicacións informáticas. No pasado traballei como analista programador da “trastenda” (back-end ) dunha rede social, camareiro, vixiante de incendios, actor, técnico de mantemento, teleoperador de atención ao cliente, e ata de comisario de ruta de rallies, e non fun home bala dun gran circo porque non me quixeron que se non….